|
Xavier Ruscalleda e Marta Lorenzo forman o equipo xxm_arquitectura, un estudio profesional de arquitectura dentro dunha plataforma de colaboradores doutras disciplinas que xuntos ofrecen un proxecto a medida, centrado na arquitectura de nova creación, de rehabilitación de antigos espacios e intervencións efémeras.
O obxectivo de xxm_arquitectura é ofrecer proxectos a medida, proxectos cun gran valor engadido a través da introdución de solucións lóxicas e económicas, resultado dunha preocupación eco-sostenible da construción actual.
Sexa en proxectos de nova creación, ou na transformación e rehabilitación de antigos espacios, o noso obxectivo será satisfacer as necesidades de cada proxecto á medida xusta de cada cliente. Así, xxm ofrece proxectos XL, XM e XS.
XL son proxectos de gran repercusión e superficie, coa colaboración doutros técnicos, que xunto a xxm constituen unha plataforma de técnicos unitaria.
XM son proxectos de formato mediano, de promoción privada e con especial atención ó cliente, ofrecendo un asesoramento técnico á medida das súas espectativas.
XS son proxectos de pequeno formato, sexan reformas de espacios ou proxectos efémeros.
| |
|